Cedeira inicia as obras de acondicionamento das pistas deportivas contiguas ao pavillón
O Concello iniciou a semana pasada as obras de acondicionamento e mellora das pistas ubicadas no complexo deportivo de Cedeira e contiguas ao pavillón polideportivo. Unha intervención que permitirá habilitar dúas canchas para a práctica de tenis e unha terceira para fútbolsala. Así, ata o dagora, a zona na que se desenvolve a actuación estaba dividida en dúas áreas separadas por un bloque dun metro de altura. Unha delas atopábase en desuso, e invadida por terra e herba. O Concello iniciou xa as tarefas, que consistirá na limpeza e acondicionamento do solar, demolición e retirada de muro de bloques, pavimentos e postes de formigón, a execución dunha nova pista deportiva e o marcaxe final. O proxecto estaba inicialmente valorado nuns 60.000 euros, aínda que finalmente a Administración local logrou aforrar ese custe ata os 20.000 destinando persoal propio para realizar parte dos traballos e recurrindo á reciclaxe de materiais doutras obras –principalmente escombro tratado procedente da demolición de beirarrúas do casco urbano– para realizar, por exemplo, a solera sobre a que se asentará a pista. En todo caso, o Concello confía en que os traballos estén rematados este mesmo mes. E, namentras, algunhas das clases que se levaban a cabo na pista que estaba operativa ou o seu aluguer se trasladan á pista anexa á estación de autobuses.











