publicidade hoxe

Cedeira incorpora a actuación da Gallaecia Big Band ao cartel da Patrona 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira e a Comisión Cidadá de Festas veñen de anunciar a incorporación dun novo espectáculo ao cartel da Patrona 2014. Trátase da actuación da Gallaecia Big Band, o sábado 16 de agosto. Traerá o seu espectáculo Gallaecia All Stars, cunha coidada posta en escea pensado para todo tipo de público. A formación realiza unha viaxe aos tempos das grandes Big Bands dunha forma amena e con esceas de humor que diferencian este espectáculo doutras formacións musicais. Dende o seu nacemento, ten colaborado en varias ocasións coa Televisión de Galicia e o seu repertorio é unha coidada selección dos clásicos do swing, latin e boleros, así como grandes clásicos galegos. Conta con trece músicos que forman a Big Band, dous cantantes de luxo, Sergio Zearreta e Paty Lesta, e dous convidados estrela, Sito Sedes e Luis Iglesia, que conseguirán que esa xornada sexa inolvidable e que o público non pare de sorrir, lembrar e bailar. Concello e Comisión lembran que todas as actuacións serán de balde e se desenvolverán entre o 12 e o 17 de agosto, aínda que as actividades e propostas da Patrona comezarán xa o día 9 co Entroido de Verán ou a Travesía á Ría.

15 de xullo de 2014 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.