Cedeira celebra as festas en honor a Santa Ana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

Cedeira celebrará este sábado, 26 de xullo, as súas tradicionais festas en honor a Santa Ana. Unha celebración que inclúe un completo programa durante toda a xornada para o disfrute de veciños e visitantes e que, este ano, contará tamén con algunha que outra novidade. Así, a festa comezará ás 12 horas coa misa cantada polo Grupo Coral Herbeira na igrexa parroquial de Santa María. Ao remate, procesión polas rúas da zona vella coa Banda Vila de Cedeira. E, a continuación, a Comisión recuperará a sesión vermouth coa orquestra Melodías. Xa pola tarde, a animación a pé de rúa estará garantizada coa Banda da Oje da Coruña. E, xa pola noite, comezará a actuación da orquestra Melodías, no parque do Sagrado Corazón. Os festexos están organizados por unha comisión cidadá, coa que colabora o Concello a través das Concellerías de Cultura e Turismo.

24 de xullo de 2014 | 11:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.