Cedeira abre o prazo para incribirse nos trofeos de fútbol sala para categorías inferiores e sénior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

A Concellería de Deportes vén de abrir o prazo de inscripción en dous dos torneos máis veteráns do municipio: a XXXI edición do Vila de Cedeira de Fútbol Sala Sénior e o XXI Vila de Cedeira de Fútbol Sala para categorías inferiores. En ambos casos, os equipos interesados en participar poden anotarse no pavillón polideportivo municipal. No primeiro caso, o prazo rematará o día 12 ás 20 horas e, unha hora máis tarde, celebraráse o sorteo do calendario.

A competición arrancará o 14 de xullo e, en función do número de inscritos, desenvolveráse entre as 20 e as 22 horas todos os días de luns a venres na pista do pavillón. Poderán participar os xogadores nados en 1998 e anos anteriores e a cuota de inscripción establécese en 50 euros. Así mesmo, no caso do XXI Vila de Cedeira Fútbol Sala para categorías inferiores, competición que se desenvolverá tamén no polideportivo, a inscripción rematará o 17 de xullo. Non hai cuota de participación e as categorías son as seguintes: infantís (nados entre os anos 1999 e 2000); alevíns (20012002); benxamíns (20032004) e prebenxamíns (20052006).

8 de xullo de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.