Cedeira abre o prazo de preinscripción nos cursos de natación de agosto
O Concello de Cedeira segue a aumentar a oferta de actividades durante os meses de verán. Unha programación centrada na práctica deportiva coa que se quere ofrecer actividades de calidade e fomento de hábitos de vida saudables entre os nenos, rapaces e adultos do municipio. Así, a Concellería de Deportes e Xuventude anunciou esta mañá que as persoas interesadas en participar nos cursos de natación que organiza o Concello para o mes de agosto poderán formalizar a preinscripción entre o 16 e o 24 de xullo. Neste caso, os cursos están pensados para os máis novos pero tamén para o público adulto, co que a idade mínima será de tres anos sen límites para a máxima. Tan só deben acudir ás oficinas do pavillón polideportivo municipal e cursar a solicitude. Do 28 ao 31 deste mes, o persoal destas instalacións deportivas confirmarán a praza do cursiño aos participantes, que deberán pagar a taxa correspondente no banco. A partir de ahí, publicaránse os listados cos horarios das clases. As sesións celebraranse o próximo mes, en horario de mañá. Por último, dende o Concello, anímase á cidadanía a anotarse nesta iniciativa.











