Cea baile benéfica en Pontevedra a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O vindeiro xoves 24 de xullo celébrase a XIX edición da Cea Baile benéfica, unha das citas solidarias máis tradicionais de Pontevedra que organiza a Asociación Española Contra o Cancro no Liceo Casino da Caeira. Máis de 300 persoas reúnense cada ano entorno a este evento co obxectivo de gozar dunha velada moi entretida na que cea e baile se ameniza cunha tómbola que esperta o entusiasmo dos asistentes ano tras ano.

Cabe destacar un ano máis o apoio do comercio de Pontevedra e de Marín que achegaron xa preto dos 600 agasallos, tendo como obxectivo alcanzar os 800.

Da mesma maneira contarase co apoio de diferentes patrocinadores que anualmente doan os diferentes produtos para a elaboración da cea.

Grazas á solidariedade dos comerciantes, os asistentes e os voluntarios, a aecc pode seguir desenvolvendo proxectos de axuda a enfermos de cancro e os seus familiares e apostar pola prevención e a investigación, sendo estas as principais armas para loitar contra esta enfermidade.

A cea dará comezo ás 21h e terá un custo de 30€.

18 de xullo de 2014 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.