Catro xornalistas do Reino Unido interésanse polos viños da D.O. Rías Baixas

Visita dos periodistas de Reino Unido
Catro destacados prescriptores británicos profundan estes días no seu coñecemento sobre o terreo da gran diversidade dos viños de Rías Baixas a través dunha misión inversa que comezou onte e que lles levará polas diferentes subzonas da denominación de orixe até mañá mércores. A visita incluíu tamén unha cata que tivo lugar esta mañá na sede do Consello Regulador en Pontevedra. Nela os profesionais cataron 19 viños pertencentes a distintas adegas que participan na campaña de promoción que o Consello Regulador D.O. Rías Baixas está a levar a cabo no Reino Unido co apoio da Oficina Comercial da Embaixada Española en Londres.
“Estas viaxes son fundamentais para darlle visibilidade aos viños de Rías Baixas nun mercado tan importante como o anglosaxón e este é un grupo moi potente, con tres xornalistas recoñecidos no sector que veñen acompañados polo catador do Tate”, explican desde o departamento de mercadotecnia do Consello Regulador da Denominación de Orixe. Os visitantes veñen acompañados de María José Sevilla, directora de Food & Wines from Spain en Reino Unido, que destacaba pola súa banda o gran esforzo que está a facer o Consello Regulador de Rías Baixas no mercado británico, o segundo en importancia para esta D.O. xa que “estes viños son os abanderados do viño branco español en Reino Unido e por iso desenvolvemos un traballo de promoción constante no tempo que estará acompañado de formación. A formación é unha plataforma sen a que a promoción non existe, de aí a nosa colaboración constante co Institute of Master of Wine e o Wine&Spirit Education Trust”, explicou.
Tras a cata que tivo lugar esta mañá, xornalistas e catadoras destacaron que o máis interesante para eles é conseguir material das diferentes subzonas da denominación de orixe e ver como se manifesta a variedade en cada unha delas. Ademais, segundo explicaba Sarah Jane Evans, xurado nos Decanter World Wine Awards, xurado internacional de viños, freelance especializado en viños españois: “para nós é importante atopar pequenos adegueiros que fagan viños diferentes e coñecer a historia que hai detrás de cada botella, porque é esta historia a que lle dá un valor engadido ao produto”. Neste sentido, o grupo de profesionais destacou que lles chamaron a atención algunha elaboración especial que puideron probar nas adegas que visitaron até agora e confían en seguir descubrindo máis viños novos. Ademais, animaron aos adegueiros da Denominación de Orixe a facer un esforzo por adaptarse ao mercado británico no que se refire a peches xa que a rosca é fundamental para o consumidor deste país.
A visita continúa hoxe pola subzona do Rosal e mañá concluirá no Condado. A D.O. Rías Baixas no exercicio 2013 exportou 695.862 litros a Reino Unido, incrementando esta cifra un 29,43 % con respecto ao ano anterior, uns litros que se traduciron en 3.314.703 €, un 23,57 máis que no 2012.
Xornalistas
Sarah Jane Evans, xurado nos Decanter World Wine Awards, xurado internacional de viños, freelance especializado en viños españois. Presidente adxunta do Instituto Masters of Wine. Membro da Gran Orde dos Cabaleiros.
Vitoria Moore, editora de viños para o xornal nacional do Reino Unido, Daily Telegraph. Columnista sobre bebidas para www.luxury.com. Xurado do viño e autor de publicacións como “Como beber”.
David Willians, escribe para o xornal The Observer e, ademais, é editor adxunto da revista titulada El mundo del vino fino. Tamén é membro do www.thewinegang.com Un grupo de 5 escritores de viño líderes en Reino Unido que dirixen unha subscrición baseada
sitio web e tres eventos para os consumidores ao ano.
Hamish Anderson ten dous roles. Un como comprador de viños ou catador para o Tate Modern de Londres e, o outro como escritor especialista en viños para a revista do diario nacional Saturday Telegraph.











