publicidade hoxe

Carral acollerá a Feira da Reciclaxe que organiza Ins3rtega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCarral
A-
A+

O domingo día 13 celebrarase o mercado “Feira da Reciclaxe” que organiza Ins3rtega en colaboración co Concello de Carral e coa Asociación Galega de Vendedores Ambulantes (AGVA). A primeira edición celebrouse no concello de Culleredo e de novo coa mesma filosofía de carácter social e fomento das tres erres da ecoloxía (3R): reducir=menor consumo de produtos novos, reutilizar=usar produtos de 2ªman e reciclar=converter os materiais en desuso en novos produtos

Situarase no Campo da Feira, é dicir na praza diante do edificio do concello de Carral. Celebrarase ao mesmo tempo que a Feira ordinaria de Carral e así ambos os mercados forneceranse das persoas que vaian visitalos, aproveitando todo o público que se xerará en conxunto.

Para contribuír  nas axudas sociais que ofrece o concello de Carral desde Servizos Sociais, realizarase unha doazón en alimentos correspondendo ao 10% das taxas de cada un dos postos de profesionais que conformarán a feira. As persoas que van como particulares a montar un posto co seu trasteiro contribuirán con tres quilos de alimentos para este mesmo fin. Tamén haberá un lugar de recollida de alimentos dentro da feira para a mesma causa. Así calquera persoa que se achegue até o mercado poderá contribuír se o desexa.

Destacar a parte máis solidaria da feira, onde tamén hai cabida para as asociacións e proxectos sociais do concello e das zonas limítrofes. Algunhas delas traballan con materiais reciclados facendo artesanía que porán á venda.

Os produtos que atoparan á venda serán na súa maioría de elaboración artesanal e algúns con materiais reciclados, tamén moitos produtos de segunda man. Desta maneira, búscase dar unha segunda oportunidade a materiais que doutra forma acabarían no lixo. Unha parte do mercado formarana particulares do concello e arredores que venderán bens que xa non utilicen, ou as súas propias manualidades (levar o trasteiro ao mercado!).

Contarase con actividades GRATUÍTAS para o<sent\>s máis pequeno<sent\>s durante toda a xornada con varios talleres, algúns sobre reciclaxe, con papel de xornais e coa tea das camisetas. Rirase cunha dinámica moi divertida de Ioga da Risa na que tamén poderán participar os non tan nenos. E poderase gozar da maxia marabillosa do mago galego Martín Camiña.

Haberá un espazo para inchables e algunha sorpresa máis a prezos populares.

9 de xullo de 2014 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.