Carácter solidario na Feira da Reciclaxe
O pasado domingo 13 de xullo celebrouse o mercado “Feira da Reciclaxe” que organizou Ins3rtega en colaboración co Concello de Carral e coa Asociación Galega de Vendedores Ambulantes (AGVA).
Destacar a parte máis solidaria da feira, que acolleu a varios proxectos sociais e solidarios, dándolles a oportunidade de darse a coñecer e recadar fondos mediante a venda de artesanía e segunda man, para financiar as súas actividades.
Ademais Ins3rtega entregou a Servizos Sociais do Concello de Carral uns 125 quilos de alimentos. Esta doazón provén da compra de alimentos por parte de Insertega co 10% das taxas dos postos da feira, e tamén da xestión dun punto de recollida disposto no recinto feiral onde depositaban as súas doazóns os participantes particulares e os visitantes da Feira da Reciclaxe.
Tras o éxito desta segunda edición, xa está en marcha a terceira “Feira da Reciclaxe” no Burgo (Culleredo) para o 31 de agosto. Seguindo a mesma filosofía de carácter social, solidario e de fomento das tres erres (3R) da ecoloxía, reducir=menor consumo de produtos novos, reutilizar=usar produtos de 2ªman e reciclar=converter os materiais en desuso en novos produtos











