Cangas asina un convenio coa consellería de Facenda para a compra do inmoble da antiga Cámara Agraria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocal Portada
A-
A+

A Secretaria xeral Técnica do Patrimonio, María del Socorro Martín Hierro en representación da Xunta de Galicia asinou hoxe xunto co representante da administración local de Cangas, José Enrique Sotelo, a escritura de compravenda do inmoble da Cámara Agraria ( planta baixa e 1º andar) por un importe de 383.081,40 €. O Concello pagará fraccionadamente esta cifra a razón de uns 38.000 €/ano durante un período de vixencia de 10 anos. A formalización desta operación é o resultado dun proceso iniciado en febreiro de 2014 cando mediante unha orde da administración autonómica acórdase emprender o expediente de venta directa.

É intención do Concello, segundo declaracións do rexedor cangués, destinalo a concentrar as distintas dependencias doutras administracións espalladas pola vila, converténdoo nun lugar de referencia para o cidadán. O primeiro paso será acondicionalo mediante un achega económica xa comprometida pola Deputación Provincial de aproximadamente 157.000 € para a rehabilitación exterior da fachada, reparar o tellado e acondicionar a planta baixa do edificio no que se ubicará a oficina do ORAL localizado actualmente no soto da Casa Consistorial.

8 de xullo de 2014 | 21:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.