Cangas adxudica por sorteo as carpas do recinto das Naves de Ojea para as Festas do Cristo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Este martes celebrouse na Casa da Xuventude o sorteo público das carpas do recinto das Naves de Ojea de cara a celebración das Festas do Cristo 2014. No acto, que estivo presidido polo concelleiro de Cultura, Educación, Patrimonio, Xuventude e Voluntariado José L. Gestido, estiveron presentes os representantes dos diferentes establecementos do municipio interesados nas 14 carpas dispoñibles. Os establecementos elixidos polo azar foron: El Templo, A Verga, Más Madera, Artemar, El Cortijo, Licencia 45, Fonte do Galo, La Buena Vida, Lombook, Sister Ray, Casa Guimeráns, Cheches, Budha e Oasis.

No mesmo acto o concelleiro José Luís Gestido abordou os aspectos máis salientables das bases establecidas polo Concello de Cangas, informou aos hostaleiros que este ano festas contarán coa marca Amstel como cervexa oficial así como lles invitou a celebración de próximas reunións para pechar os últimos detalles da programación festiva desta edición coas achegas dos diferentes locais.

23 de xullo de 2014 | 11:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.