Campionatos internacionais dos equipos galegos de vela
Do 25 de Xullo ao 3 de Agosto celébrase o Campionato do Mundo Absoluto da clase internacional 420 en Travemunde (Alemaña) con 111 tripulacións en categoría Open (masculina e mixta) e 84 tripulacións femininas.
Non puido empezar mellor o Mundial Absoluto para Adrián e Calixto cun segundo e un primeiro nas 2 mangas do primeiro día de regatas. A flota dividiuse en 2 grupos de 55 barcos que terán 2 días de probas clasificatorias e 3 de finais. Aínda que é moi pronto e queda moita competición por diante o rendemento do equipo arousán rozou a perfección, desexámoslles moita sorte para as próximas xornadas.
O Equipo Nacional está integrado por 2 tripulacións galegas, aínda que soamente Adrián e Calixto están en Alemaña. Andrés Álvarez e Sergio Rodríguez decidiron non participar por cuestións de planning. Andrés e Sergio participaron no Mundial Isaf Xuvenil en Tavira- Portugal e agora descansan para participar no Europeo Xuvenil que se celebra en agosto en Gdynya – Polonia











