Cambre mellora a sinalización das instalacións públicas con preto de 70 letreiros verticais
O goberno local de Cambre levou a cabo esta semana un Proxecto de sinalización vertical de dependencias públicas que consistiu na colocación de medio centenar de sinais verticais sobre a localización das instalacións deportivas e case unha vintena de sinais sobre outro tipo de inmobles.
En concreto colocáronse 67 módulos de aceiro rotulado e 40 postes de aceiro galvanizado, de 3 metros de alto co obxectivo dar a coñecer e facilitar a localización das instalacións deportivas e outras dependencias de interese para os cidadáns. O programa conta coa colaboración da Deputación Provincial dentro da convocatoria de programas de apoio ao deporte dirixido a concellos para actividades e investimentos.
Ao mesmo tempo, o executivo entende que tamén salguen beneficiados do proxecto uno elevado número de visitantes que acoden a presenciar e participar das múltiples actividades deportivas que se celebran nas instalacións deportivas municipais ao longo de todo o ano.
Finalmente, foron instaladas un total de 67 sinais verticais, facilitando a localización de 26 instalacións deportivas municipais e dunha vintena de edificios públicos.











