publicidade hoxe

Cabo de Cruz acollerá a exposición “Xénese” de Jontxu Argibay

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

Coñecido pola súa obra escultórica, o artista Riveirense Jontxu Argibay quere mostrar o lado mais básico, orixinario dunha obra que evoluciona constantemente, en Cabo de Cruz o vindeiro Venres 1 de Agosto as 20:30 horas no Centro Social.

Segunda exposición de obra gráfica de Jontxu Argibay. Nesta nova mostra dividida en 3 partes diferenciadas.

Unha primeira parte con primeiros traballos en acuarela datados no ano 2000.

Unha segunda parte con bosquexos de/para futuras esculturas en lapis, cor e tinta.

Unha terceira parte con cadros e dípticos tallados en madeira e pintados.

Arredor de 30 obras que mostran a orixe do proceso creativo, esa primeira chispa de creatividade que vai cobrando forma sobre o papel en branco ou a táboa. A evolución dunha forma, un sentimento, unha idea.

29 de xullo de 2014 | 13:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.