Bueu celebra unha nova edición da “Pop Up Store”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Comerciantes de Bueu únense unha vez máis para levar a cabo a segunda “Pop Up Store” na localidade, un moderno evento que aglutinará moda, tendencias, gastronomía e diferentes actuacións que non deixarán indiferente aos asistentes.

Son Carmen Davila Moda, Oxford Boutique, Eugenio Blanco Ópticos e Óptica Bueu, os encargados de abrir esta “tenda efímera” dende o xoves 24 ao sábado 26 de xullo, propoñendo un novo espazo de ocio en Bueu para visitar durante esta longa fin de semana, aproveitando o Día de Galicia. Os promotores encargáronse de acondicionar un local da Praza Massó para a ocasión e levan meses traballando con diferentes colaboradores para que a programación sexa todo un éxito.

Durante eses tres días amosarán as últimas tendencias en moda e complementos das marcas máis representativas que podemos atopar nos seus establecementos, pero nun mesmo lugar e contando ademáis con descontos especiais nos seus productos.

Pero a Pop Up Store Bueu va máis alá, e conta con outros profesionais que dinamizarán o evento con experiencias exclusivas. Parte da decoración, realizada en vinilo, corre a cargo de AEME Soluciones Gráficas. O recinto contará con ambientación musical e o baile corre a cargo do grupo Grow as Ohana que o sábado montará un flash mob durante a tarde.

As actividades culturais tamén estarán presentes, para nenos e maiores. O venres ás 12h CasaK organizará unha actividade infantil a cargo de Olalla González e o ilustrador Marc Taeger. Pola tarde ás 20:30h, Librería Miranda organiza a presentación do libro “O soño de Esther”, de Miguel Angel Alonso e Luz Beloso.

En canto á gastronomía, Carnicería Charcutería Jose organizará no local da Pop Up Store Bueu sendas degustacións de xamón o xoves e o sábado pola mañá. O xoves durante a tarde, a organización invita aos asistentes a un cóctel mentres disfrutan en directo do espectacular coctelero acrobático Philip Luz. O venres aproveitando as actividades infantís, haberá chuches para todos durante todo o día, a cargo de Quiero Chuches. E o sábado á tarde, para pechar a programación gastronómica, Casa Quintela ofrece unha degustación dos seus “Pintxos de Cris”

Contase ademáis coa colaboración da blogger de moda María Montesinos para retransmitir na rede todo o que acontece nesta Pop Up Store a través das súas reportaxes.

SORTEO DUN VALE DE 100 EUROS

Este ano a Pop Up Store Bueu contará cunha gran novidade, o sorteo dun vale de 100€ para canxear en calquera dos establecementos organizadores ou colaboradores. Para participar haberá que facerse cun folleto do programa e cubrir no reverso o boleto cos datos persoais ( Nome, Apelidos, Teléfono). Unha vez cuberto depositarase na furna habilitada no local da Pop Up Store durante os días de celebración (24,25 e 26 de xullo).

22 de xullo de 2014 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.