Boas actuacións da Ximnástica de Pontevedra en Santiago e Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedraSantiago de Compostela
A-
A+

A carreira nocturna “Cidade Vella” do circuíto do Concello de Santiago de Compostela “Corresan”; estivo moi concorrida. Os atletas da Ximnástica sumaron un posto de podio, José Sánchez López conseguiu o quinto posto na categoría absoluta masculina, mentres que Juan Pablo Fernández, acabou xusto detrás. Nerea Casal, segunda júnior, foi a única en subir ao podio.

O Concello de Tomiño celebrou o pasado fin de semana a segunda edición da súa carreira popular cun centenar de corredores que disputaron os pouco máis de 7 km. do percorrido. Destacar o noveno posto de Fran Iglesias na carreira absoluta, mentres que Fikadu gañou a carreira alevín e Carolina a benxamín.

15 de xullo de 2014 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.