Besteiro fará o que sexa para solucionar o conflito da folga do lixo en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou que “o que sexa para solucionar o conflito” do lixo na cidade das Murallas, que xa acumula 35 días de folga, a institución provincial e el mesmo farano”.

Así mesmo, confiou en que se poida pór fin á situación de acumulación de lixo nas rúas lucenses “canto antes”, co “menor dano posible” e “pensando exclusivamente no benestar dos cidadáns”.

En declaracións aos medios en Santiago, o dirixente socialista constatou que o Concello de Lugo, presidido por Xosé López Orozco, “está a buscar a solución aos problemas” e “pensando no ben dos cidadáns”.

“Iso é a misión do Concello”, dixo, antes de agregar, ante as voces que reclaman a súa intervención: “E, loxicamente, todo o que sexa para solucionar o conflito, o presidente da Deputación farao”.

Besteiro admite que unha folga “tan longa” como a que ten lugar en Lugo “non pode resultar positivo” no sentido de que “os prexudicados” son os “cidadáns”, polo que urxe que se resolva canto antes”, aínda que entendeu os marcos constitucionais nos que ten lugar o conflito.

14 de xullo de 2014 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.