Besteiro avoga pola transparencia tras a imputación da xunta de goberno do bipartito de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Europa Press

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, avogou pola “absoluta colaboración” coa Xustiza e “transparencia” en relación á imputación da xunta de goberno do bipartito de Ourense de 2009 debido a unha licenza dun aparcamento nunha praza pública.

“Saben cual é a posición do PSOE nestas cuestións, de absoluta colaboración e transparencia, en calquera Concello de Lugo. Non hai ningunha cuestión nova que afecte ao criterio que xa ten asentado o PSOE”, destacou Besteiro antes de participar nun acto de homenaxe na Deputación de Lugo a Darío Rivas.

A xunta do bipartito de Ourense en 2009, formado polo PSOE e BNG, foi imputada por un presunto delito de prevaricación por unha licenza de parking nunha praza na cidade das Burgas e polo acordo de indemnización a unha cidadá.

AUTO

Segundo figura no auto, entre os imputados está o actual rexedor de Ourense, Agustín Fernández (PSOE), o exalcalde socialista da cidade, Francisco Rodríguez que tivo que dimitir pola súa implicación na Operación Pokémon; así como as edís da actual corporación Marga Martín e Ana Garrido.

Tamén están catro exedís do BNG -Alexandre Sánchez Vidal, Andrés García Mata, Isabel Pérez e Marta Arribas González-. A estes únese o exconcelleiro socialista Demetrio Espinosa Mangana. Ademais, a actual concelleira Áurea Soto xa declarou, mentres que o outro imputado é o avogado e asesor o goberno socialista Carlos Hernández, que tamén prestou declaración. O que dá un total de 11 imputados, dos cales nove declararán entre o 17 e 18 de setembro.

Dáse o caso de que oito concelleiros do Concello ourensano que participaron nunha xunta de goberno local de setembro de 2008 xa están imputados pola aprobación do prego de licitación para unhas obras de reforma dunha céntrica rúa da cidade. Entre eles tamén está tanto Agustín Fernández como Francisco Rodríguez, ademais dos que agora reciben outra imputación.

Así, o maxistrado do Xulgado de instrución número 1 de Ourense, Leonardo Álvarez, decide ampliar a querela a todos estes membros do bipartito co fin de que expliquen “por que aprobaron o acordo de legalización correspondente ao parking situado” na Praza de Santo Antón Antón e o acordo relativo á indemnización a unha cidadá.

31 de xullo de 2014 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.