Batucada 2014 en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Durante os días 25 e 26 de xullo, a localidade de Verín acollerá a celebración dunha nova edición da Batucada, baixo o lema “Agua, percusión, festa e diversión”.

O venres 25 arrinca, a partir das 17 horas, a inauguración da Batucada con inchables infantís e xogos aptos para todas as idades, coa actuación de Disco Móvil Jorge, na praia fluvial de Verín. A partir das 22 horas, na praza García Barbón, música a cargo de John Axiom Live, Clode, London B2B Jonan e MartinezKrlos.

O día grande da Batucada, sábado 26 de xullo, ás 16 horas terá lugar a Festa da Auga e a Escuma nas prazas Maior e García Barbón de Verín, con animación musical con Jorge e Vidal López (Cadena 100), xogos e moitas sorpresas. Ás 19 horas, comezará a Ruta da Batucada, coa participación das batucas Pomdart e Ipum e a charanga Fuego, que percorrerán a rúa Maior, praza do Rei, avenidas Luis Espada e Portugal, rúas Montemaior, Laureano Peláez e Irmáns Moreno ata o Pavillón Municipal de Deportes de Verín. A partir das 23.30 horas, concertos de Komando Katana e Supersandwich nas prazas Maior e García Barbón, e ao rematar música coas batucas e charanga participantes na Ruta da Batucada.

Con todo, durante na xornada do 24 de xullo, os/as nenos/as da Ludoteca de Verán celebrarán a ‘Ludobatucada’, un desfile no que máis dun centenar de menores participantes na Ludoteca de Verán – Campamento Urbano percorrerán as rúas de Verín, e no que lucirán disfraces elaborados por eles/as mesmos/as.

16 de xullo de 2014 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.