Asomamos participa no programa Coñece a túa Provincia
A Asociación de Maiores e Pensionista de Mos, ASOMAMOS, como entidade de iniciativa social organiza unha excursión á Illa de Ons, vila mariñeira de Portonovo, e Sanxenxo, dirixida ós seus asociados e asociadas.
Trátase dunha saída subvencionada pola Deputación de Pontevedra e incluída no programa Coñece a túa Provincia.
Os interesados en participar nesta actividade poden reservar a súa praza chamando ó teléfono 986 33 41 67 ata o 25 de xullo.
O prezo por persoa será de 12 euros nos que se inclúen servizo de transporte, xantar e guía.
Festival de Habaneras
Por outra banda, a Asociación de Maiores e Pensionistas de Mos, ASOMAMOS, organiza o seu V Festival de Habaneras, que se celebrará o vindeiro día 27 de xullo –domingo-, ás 19.00 horas no auditorio do centro Multiusos das Pozas, parroquia de Petelos.
Ademais do Orfeón da anfitriona ASOMAMOS, participarán neste quinta edición do certame de habaneras a Coral Polifónica de Entenza, Salceda de Caselas, a Coral Polifónica Airiños de Campañó de Pontevedra, a Coral Polifónica Vagalume de Santa María de Oia, e a Banda de Gaitas da Asociación Cultural e Social de Herville.











