As rúas de Poio énchense de talleres e ata proxeccións de cine

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

TALLERES NA RÚA

Mañá ás 11.00 h comenzan os talleres que se van a desenvolver por parroquias e que forman parte da programación de verán que puxo en marcha as concellarías de Xuventude e Benestar Social do Concello de Poio.A cita mañá vai ser na Praza da Granxa, en Campelo, de 11.00 a 13.00 h. e se repetirá o día 22 no mesmo lugar; o 30 e 31 deste mesmo mes se levará a actividade, no mesmo horario para a Praza Romay Besada, en Samieira e as citas seguintes serán os días 6 e 7 de agosto na praia de Raxó, e 12 e 13 na Praza da Chousa, en Combarro.

Para o día 29 de xullo, traballadoras do Concello se desprazarán ata a praia de Lourido para colaborar cos xogos de verán que organiza a asociación de veciños, como en anteriores edicións.

Para este ano están programados diversos talleres, orientados a os máis novos como. Barquiños de corcho e papel, bonecas con cazos nesspreso, monstruos ou volvoretas con materiais de refugallo, rás confeccionadas con tapóns….

O que se pretende con estes talleres é proporcionar aos rapaces-zas momentos de ocio dun xeito diferente e entretido á vez que inculcarlles o respecto polo medio ambiente, a través do reciclaxe e polos demáis cun traballo en equipo e de compartir.

CINE NA RÚA

O día 23, as mesmas concellarías organizan unha proxección de cine na rúa; concretamente na Praza da Chousa, en Combarro a partir das 22.00 horas.Vaise proxectar a película:THE CROODS, dirixida a tódolos públicos.Esta actividade se pon en marcha grazas a colaboración de Gas Natural co Concello.O Concello terá a dita praza acondicionada con cadeiras a disposición dos-as asistentes.

Esta proxección entra na xira de cine de verán “Cine al Natural” que organiza Gas Natural en 27 concellos de toda a xeografía española.A película se proxectará nunha pantalla xigante de 14x 9m e a propia empresa agasallará aos espectadores con palomitas e asemade colocarán un pequeño stand donde obsequiarán con outros agasallos da marca.

SIPNOSIS:A película conta, en tono cómico, a vida dunha familia prehistórica que se ve abocada a abandonar a súa caverna e a percorrer outros camiños nos que se atopan cun incrible novo mundo, cheo de fantásticas criaturas e un futuro que supera todo o imaxinable.

21 de xullo de 2014 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.