As obras no CEIP Monte dos Postes de Santiago contaron cun investimento de 176.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o CEIP Plurilingüe Monte dos Postes, onde o seu departamento ten investido nos últimos anos preto de 176.000 euros; co fin de comprobar o avance das obras de renovación da cuberta que se están a realizar neste momento. No marco deste investimento, realizáronse obras no centro para o acondicionamento da antiga vivenda do conserxe como comedor, espazo que tamén se dotou con calefacción; así como a mellora do aseo de infantil.

Así mesmo, o CEIP dispón de 4 aulas Abalar, contou o curso que acaba de rematar cun auxiliar de conversa estadounidense -na súa calidade de centro plurilingüe-, e recibe axudas da Consellería para a mellora de fondos da biblioteca.

Durante o seu percorrido polo centro, no que estivo acompañado polo secretario xeral técnico, Jesús Oitavén; e pola subdirectora de Construcións e Equipamento, María Jesús López; o conselleiro analizou co director do centro as necesidades do mesmo, co fin de poder programar novas actuacións no edificio.

23 de xullo de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.