publicidade hoxe

As obras da EDAR de Portomouro avanzan segundo os prazos previstos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

As obras da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Portomouro, en Val do Dubra, avanzan nos prazos previstos e estarán listas a finais do próximo mes de setembro. Xa comezaron as obras onde estará instalada a estación depuradora, a beiras do río Tambre, moi próxima ao núcleo urbano de Portomouro e á localidade de Xermán. A maquinaria traballa a bo ritmo e xa se observan avances no desenvolvemento da nova infraestrutura, que servirá para mellorar o saneamento das augas que chegan ao río Dubra e ao Tambre.

A EDAR de Portomouro requirirá un investimento próximo ao millón de euros. E servirá para mellorar o saneamento en Val do Dubra mediante a dotación dunha nova rede separativa de augas residuais nos núcleos de Xermán e Portomouro. Esta servirá para conducir as augas á nova EDAR e evitar verteduras directas aos ríos Dubra e Tambre.

As melloras no sistema de saneamento inclúen a construción da EDAR, que terá un caudal medio de 6,83 metros cúbicos/hora e un caudal máximo de 20,48 metros cúbios/hora. Dará servizo a un total de 500 habitantes.

En Portomouro substituiranse os colectores e pozos existentes por outros de PVC e suprimiranse os puntos de entrada de augas pluviais, que serán conducidas á súa rede existente para asegurar unha rede separativa. Os traballos iniciados en febreiro suporán a instalación de tres quilómetros de colectores, 93 pozos de rexistro e 6.400 metros cúbicos de escavación. Mediante os dous novos bombeos recolleranse as augas residuais do colexio de Portomouro vertidas agora ao río Dubra e da zona sur do núcleo de Portomouro.

15 de xullo de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.