As inmediacións dos xardíns da Ranita albergarán o XXXVIII Trofeo Internacional de Halterofilia Cidade de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou hoxe o XXXVIII Trofeo Internacional de Halterofilia “Cidade de Ferrol” que se celebrará o vindeiro sábado, día 2 de agosto, nas inmediacións dos xardíns da Ranita. A edil ferrolá estivo acompañada polo presidente do Club Halterofilia Ferrol, José Díaz Meins, e polo árbitro, Carlos Zamorano.

Martínez Galdós manifestou que o campionato “é un dos máis antigos e con máis carisma dentro da halterofilia en Galicia e España”. Máis de 60 deportistas daranse cita neste evento, que se disputará en todas as categorías: dende a Infantil até a Absoluta tanto na modalidade feminina como masculina. A competición comezará ás 09:30 horas cando os levantadores se someterán á báscula para coñecer o seu peso, e a proba dará comezo aproximadamente ás 10:30 horas. Entre os participantes, destaca a presenza de Alberto Díaz, do Club Halterofilia Ferrol e actual Campión de España, así como do coruñés Victor Castro, medalla de prata no último campionato de Europa. Está confirmada a participación de varios clubs de Galicia e do Club Sideropolis de Madrid.

29 de xullo de 2014 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.