As Illas Cíes xa poden descubrirse a bordo do navío Joaquín Vieta 1916

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
Navío Joaquín Vieta 1916

Navío Joaquín Vieta 1916

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas colabora no aumento da oferta de ocio sustentable para coñecer os valores do entorno natural das Illas Cíes cun programa de excursións diarias a bordo da embarcación Joaquín Vieta 1916.

Esta mañá, o director do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández Bouzas, participou na presentación desta nova proposta que se desenvolverá nos meses de agosto e setembro en colaboración coa Asociación Balandro Joaquín Vieta.

Esta nova opción de transporte cara as Illas Cíes diferenciase do servizo de pasaxeiros regular na duración, o programa de actividades e sobre todo no contido ambiental da mesma.

A partir de maña 1 de agosto os visitantes poderán embarcar no veleiro Joaquín Vieta 1916, último supervivente da época de ouro da navegación a vela en Galicia, e disfrutar dunha xornada de 10 horas para coñecer os valores do entorno natural das illas.

Desenvolvemento da excursión

A excursión dará comezo as 10:30 horas no Porto do Real Club Náutico de Vigo para disfrutar dunha navegación pausada ata a Praia de Rodas e un desembarco directo no extremo sur da Illa do Faro.

A continuación, desenvolverase unha ruta guiada cuxo trazado variará en función das características e capacidade física do grupo de persoas. En liñas xerais, o contido do roteiro consistirá na transición dos valores ambientais e culturais do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Ademais da ruta o viaxe no veleno Joaquín Vieta 1916 tamén inclúe outras actividades: de volta ao areal de Rodas os pasaxeiros terán unha sesión de praia e inmersións para descubrir un dos ecosistemas máis descoñecidos e inaccesibles del Parque Nacional, el fondo mariño. Outro dos atractivos da experiencia é o desembarco na Praia da Illa de San Martiño, xa que non está accesible á inmensa maioría dos visitantes das Illas Cíes.

A excursión a bordo do Joaquín Vieta 1916 tamén contempla a comida e bebida ao longo do día, que comeza cun café de benvida; o avituallamento para a excursión, aperitivo, comida na que sempre se inclúe marisco e merenda.

Finalmente a xornada cérrase cun regreso ao porto bordeando a costa norte da ría de Vigo.

Con esta iniciativa a Consellería de Medio Ambiente quere ofrecer unha nova modalidade de turismo cara ás illas que combina as visitas guiadas no Parque Nacional, con paisaxe historia, snorkel e gastronomía.

Historia do barco

A embarcación Joaquín Vieta foi construída na Ría de Muros- Noia no ano 1916 polo industrial do mesmo nome. A súa misión era transportar por mar os timbais de sardiña salada e prensada das salazones que este “fomentador” catalán posuía na ría.

A finais dos 90 a familia propietaria decidiu que xa chagara o final dos seus días e o retira do servizo, pero un grupo de antigos mariñeiros deciden poñer o seu empeño en evitar que desapareza.

Despois de máis de 12 anos de rehabilitación o Joaquín Vieta se converte nun barco museo e recorre a costa galega para prestar servizos turísticos e eventos co fin de recaudar fondos para culminar a súa restauración.

31 de xullo de 2014 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.