As Cancelas retransmitirá o encontro Brasil – Colombia na súa pantalla xigante

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A pesar da eliminación da “Roja”, As Cancelas segue sendo escenario dos partidos máis emocionantes do mundial. Xa sen a selección española, o centro comercial envórcase de novo coa “Canarinha”, cuxo partido contra Chile xa retransmitiu a semana pasada.

Esta tarde desde as 21:00 dará comezo un faladoiro deportivo que servirá de quentamento para o encontro entre Brasil e Colombia que comezará ás 22:00 e que poderá verse desde un pantallón de 4  x 3 metros situado en Zona Mundial da segunda planta das Cancelas. O faladoiro deportivo estará liderado por César Méndez, xornalista deportivo na RTVG.

Ver o Mundial nas Cancelas volverá ter premio. Durante o partido sortearase 1 televisión LED de 32 polgadas, unha camiseta oficial da selección e un balón oficial da selección. Ademais, asistindo a 4 dos 8 partidos que se celebran no centro comercial, os asistentes poderán participar no sorteo dunha televisión LED de 60 polgadas que se celebrará o domingo día 13 de xullo durante o partido da final.

3 de xullo de 2014 | 11:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.