As Cancelas prepárase para a final do Mundial
Durante todo o campionato a Zona Mundial das Cancelas foi o escenario favorito dos grandes fanáticos do fútbol. Para o partido final entre Alemaña e Arxentina este domingo o centro prepárase para botar o resto e facer do evento unha noite inesquecible.
A velada comezará cunha actuación de Zumba que comezará a partir das 19:30. Desde as 20:00 será posible gozar dun faladoiro deportivo liderada por César Méndez, xornalista deportivo na RTVG, que quentará o cambiente para o encontro que comezará ás 21:00 e que poderá verse desde un pantallón de 4 x 3 metros situado na segunda planta das Cancelas.
O centro comercial confía en atraer á comunidade de arxentinos residentes en Santiago, así como a posibles turistas alemáns que atoparán nas Cancelas un espazo idóneo para gozar do encontro da súa selección.
Ver o Mundial nas Cancelas volverá ter premio. O primeiro será para todos aqueles que asistan cunha camiseta das seleccións arxentina ou alemá, que serán premiados cunha entrada de cine.
Xa durante o partido sortearase unha gran televisión LED de 60 polgadas. Para poder gañala basta con asistir a outros 2 partidos ademais da a final, xa que neste caso colocaranse dous selos coa consumición. Ademais regalarase entre os asistentes unha camiseta oficial da selección española e un balón oficial.











