As Cancelas emitirá os dous partidos de semifinais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A pesar da eliminación da “Roja”, As Cancelas segue sendo escenario dos partidos máis emocionantes do mundial. Chegada a recta final do campionato o centro comercial emitirá os dous partidos da semifinal.

O primeiro dos encontros, que enfronta a Brasil e Alemaña, terá lugar esta noite. Desde as 21:00 dará comezo un faladoiro deportivo que servirá de quentamento para o encontro que comezará ás 22:00 e que poderá verse desde un pantallón de 4  x 3 metros situado en Zona Mundial da segunda planta das Cancelas. O faladoiro deportivo estará liderado por César Méndez, xornalista deportivo na RTVG.

O mércores o mundial continuará coa Arxentina – Holanda, que tamén será amenizado cun faladoiro deportivo desde as 21:00.

O centro comercial confía en atraer ás comunidades de arxentinos e brasileiros residentes en Santiago, así como posibles turistas alemáns e holandeses que atoparán nas Cancelas un espazo idóneo para gozar do encontro da súa selección.

Ver o Mundial nas Cancelas volverá ter premio. Durante o partido sortearase 1 televisión LED de 32 polgadas, unha camiseta oficial da selección e un balón oficial da selección. Ademais, asistindo a 4 dos 8 partidos que se celebran no centro comercial, os asistentes poderán participar no sorteo dunha televisión LED de 60 polgadas que se celebrará o domingo durante o partido da final.

7 de xullo de 2014 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.