As Cancelas chegará en breve aos 9 millóns de visitantes
O centro comercial As Cancelas está a piques de chegar aos 9 millóns de visitantes, unha cifra que o consolida como o espazo de referencia de lecer gratuíto e de calidade en Santiago de Compostela e a súa área de influencia.
Está previsto que sexa mañá, xoves 31 de xullo, cando se alcance a marabillosa cifra. Desde a dirección do centro xa están a preparar o recibimento do visitante que coincida co número e ao que se lle obsequiará cun cartón regalo de Primark por valor de 100 €.
Desde os seus comezos, a finais de 2012, As Cancelas non deixou de medrar. O centro protagonizou grandes iniciativas desde entón, como a Fashion Night Out, o Festival do Humor, a gran festa de Aniversario de Celi ou o seguimento do Mundial de Fútbol. Tamén realizou numerosos sorteos entre os seus visitantes, regalando nos últimos meses 25 cruceiros, viaxes, noites de hotel e até un coche.











