Aroa Freije participará no X Campionato de España de Biatlón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno presentará no Campionato de España de Biatlón, que se disputa o sábado 5 de xullo en Luanco, unha competitiva selección formada por 31 deportistas (18 homes e 13 mulleres), entre as que destaca Aroa Freije. Este torneo, que vai pola décima edición, disputarase na praia de Luanco (17:00 horas) e celebrarase en todas as categorías, tanto individual coma por clubs e autonomías. As distancias son diferentes segundo a categoría.

Desta forma, en benxamín e alevín as e os participantes correrán 500 metros, nadarán 50 e correrán 500 metros. Os infantís deben correr 500 metros, para despois nadar 100 metros e finalizar con 500 de carreira a pe. En cadete as distancias son 1.000-200-1.000, mentres que para as categorías xuvenil, júnior e sénior as distancias son as mesmas: 1.500-200-1.500.

E xa para rematar, sinalar que na categoría máster as distancias son de 1.000 metros de carreira a pe, 100 metros de natación e 1.000 de carreira a pe. Campionato de España de Biatlón 2013. No Campionato de España de Biatlón, que se celebrou en Sant Boi de Llobregat, Galicia logrou un total de seis medallas (catro ouros, 1 prata e 1 bronce). As medallas de ouro foron para Martín Freije (alevín masculino), Andrea Vidal (alevín feminino), Lorena Iglesias (infantil feminino) e Aroa Freije (cadete feminino). Ademais, Esteban Basanta logrou a medalla de prata en alevín masculino e Lucas Pena foi bronce en benxamín masculino.

3 de xullo de 2014 | 20:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.