Aroa Freije e Raúl Blanco disputarán a final do Europeo Xuvenil de Péntatlon Moderno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+

Aroa Freije e Raúl Blanco acadaron o obxectivo que se plantexaron cara ao Europeo Xuvenil de Péntatlon Moderno: Lograr a clasificación para a final. Ambos fixeron un moi bo papel e lograron meterse nas súas respectivas finais: Aroa no sétimo posto e Raúl, no duodécimo. Foron os únicos españoles dos presentes no Europeo que lograron o pase para a final do Europeo Xuvenil, que se está a disputar en Uppsala (Suecia).

A clasificación comezou o venres coa celebración da proba de esgrima, na que os galegos cumpriron. Aroa no estivo moi afortunada (segue sendo a súa proba más frouxa) con 7 vitorias, mentres que Raúl logrou 13 triunfos.

Hoxe celebráronse as modalidades de natación (Aroa foi a mellor de todas) e combinada, na que os dos galegos tiveron unha actuación sobresainte que lles permitiu escalar posicións na clasificación e lograr a clasificación para a final de mañá domingo.

19 de xullo de 2014 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.