publicidade hoxe

Apróbase a contratación dun viveiro de empresas no polígono Barro-Meis por 1,6 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarroLocal PortadaMeisPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa xunta de goberno, o expedente de contratación do Edificio  para Viveiro de Empresas no Polígono industrial de Barro-Meis por un importe de 1.690.694 euros. A obra está financiada entre os Fondos Feder (80%) e a Deputación de Pontevedra (20%).

O proxecto enmárcase dentro do acordo que a Deputación acadou coa Fundación Incyde para a posta en marcha de dous viveiros de empresas na provincia, (éste e o de Lalín) cun orzamento de 1,6 millóns €, dos que o 80% proceden de fondos europeos FEDER.

O  viveiro de Barro-Meis situaráse na parcela A10 e A11 do polígono e funcionará como estrutura de acollida temporal para emprazar empresas nos seus primeiros pasos no mercado. As que se asenten no Viveiro recibirán formación, e a Deputación e a Fundación Incyde prestaranlles determinados servizos adaptados as súas necesidades concretas para que poidan desenvolver iniciativas empresariais de interese local que contribúan a dinamizar a comarca.

Nos viveiros, as empresas instalaranse de forma gratuíta perante os dous primeiros anos, soportando tan só os gastos xerais de mantemento das instalacións. O proxecto facilitará o labor dos emprendedores de Pontevedra e comarca, dándolle espazos e servizos adecuados para a posta en marcha das súas iniciativas, e servirá tamén de punto de partida para unha estratexia de impulso do emprendemento e promoción económica en toda a provincia.

24 de xullo de 2014 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.