Apertura do prazo para solicitar un posto na III Festa Medieval, II Feira de Artesanía e Mostra de Oficios e a I Feira da Cervexa Artesanal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O Concello de Gondomar informa de que se abriu o prazo para a solicitude de postos e paradas na III Festa Medieval, II Feira de Artesanía e Mostra de Oficios Tradicionais ademais da I Feira da Cervexa Artesanal.

As persoas, asociacións e entidades interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través do seguinte correo electrónico ignacio.troncoso@concellodegondomar.com, ou no teléfono 609 282 753. (Bases dispoñibles en www.concellodegondomar.info)

Estas iniciativas, enmarcadas dentro da programación cultural do Concello de Gondomar para este verán, están organizadas pola Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación de Artesáns ‘Mestura’ do Val Miñor  e terán lugar nas principais vías urbanas do municipio entre os días 22 e 24 de agosto.

24 de xullo de 2014 | 11:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.