Apertura do prazo para inscribirse no Maratón Fútbol 7 de Cedeira
Cedeira acollerá entre o 18 e o 20 de xullo o Maratón de Fútbol 7 no campo municipal. Unha competición que repartirá en premios 3.000 euros –1.800 para o primeiro clasificado, 800 para o segundo e 400 para o terceiro. Así, os equipos que estean interesados en participar poden anotarse chamando aos seguintes teléfonos: 617 185 349 (Nicolás), 628 734 229 (Alberto) ou 696 574 092 (Alex). A cuota é de 120 euros e o prazo remata o 17 de xullo, ás 14 horas. Ese mesmo día, o campo municipal de Cedeira será escenario do sorteo do calendario. Dende a organización se sinala que, para levar a cabo a competición, será preciso o concurso dun mínimo de 24 equipos e que, en caso de non cubrir esa cifra, modificaránse os premios en función dos inscritos.











