publicidade hoxe

Apertura do prazo para a excursión ás Catedrais da terceira idade de Tordoia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTordoia
A-
A+

Mañán día 1 de agosto abre o prazo para que poidan anotarse no concello todas aquelas persoas interesadas en ir á Excursión da Terceira idade, dito prazo rematará o día 21.

A excursión deste ano visitará a praia de “As Catedrais” na mariña lucense previa parada en Guitiriz para tomar un café, o Paseo Marítimo de Ribadeo e Barreiros, lugar éste último onde terá lugar o xantar nun asador. Xa pola tardiña, sairase para visitar Mondoñedo.

A excursión realizarase dous días, o 27 de agosto para as parroquias de Bardaos, Cabaleiros e Tordoia e o día 28 de agosto para as parroquias de Gorgullos, Leobalde, Numide, Castenda, Anxeriz, Andoio e Vila de Abade.

Os autobuses pasarán a recoller á xente polos lugares de costume a partir das 7:45 h da mañán.

31 de xullo de 2014 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.