Apertura do prazo de solicitude das axudas para adquirir libros de texto e material escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia convoca axudas para libros de texto e material escolar. Trátase dunha iniciativa proposta polo actual goberno, que se iniciou o ano pasado e pretende apoiar e axudar ás familias con menos recursos e compensar o gasto que supón a compra de novos libros de texto e do material no comezo do curso escolar.

As axudas están destinadas a infantil, primaria e secundaria, para o alumnado empadroado en Ribadumia e que estea matriculado nalgún centro do municipio durante o curso 2014-2015. A finalidade e promover o acceso en condicións de igualdade e previr o risco de fracaso escolar dos menores con escasos recursos económicos.

As contías establécense en 80€ para 2º ciclo de infantil dirixidos a compara de libros e material escolar e de 70€ en Primaria e Secundaria para a compra de material escolar e roupa deportiva.

Para poder recibir estas axudas os solicitantes non poden percibir outras polos mesmos conceptos, cumprir uns limites económicos que se establecen no 100% do SMI para dúas persoas, incrementando nun 20% por cada membro adicional.

As solicitudes pódense presentar a partir de hoxe no Concello de Ribadumia en horario de 08:00 a 14:00 horas.

4 de xullo de 2014 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.