Apertura do prazo de solicitude das achegas do programa “Conduce Ferrol”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Goberno Municipal de Jose Manuel Rey Varela abrirá mañá martes o prazo de solicitude de axudas para pagar a matrícula do carné de conducir a persoas empadroadas no municipio con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, dentro do programa “Conduce Ferrol”. Así o anunciou hoxe a concelleira de Igualdade e Xuventude, Verónica Casal Míguez, durante unha visita aos nenos/as que participan no campamento de verano “Babyocio” na Casa da Xuventude

Así as cousas, dende mañá e até o vindeiro 31 de xullo estará aberto o prazo de petición de axudas para este programa. En total, a Concellería de Igualdade e Xuventude concederá un máximo de 50 achegas de 200 euros cada unha delas que estarán destinadas a sufragar unha parte do custe da obtención do permiso de conducir. As solicitudes deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, situado na planta baixa da Casa Consistorial. Así mesmo, as persoas que resulten beneficiarias desta achega deberán posuír ou realizar un curso de condución segura.

A edil Casal Míguez explicou que o obxectivo de “Conduce Ferrol”, programa implantado neste mandato, é facilitar a autonomía da mocidade e, ao mesmo tempo, mellorar as súas posibilidades de empregabilidade, posto que na actualidade son maioría as ofertas de traballo que inclúen como requisito estar en posesión do permiso de circulación.

7 de xullo de 2014 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.