Andaina nocturna pola ‘Ruta dos Carros’ en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro 19 de xullo terá lugar a primeira andaina nocturna ‘Ruta dos Carros’, organizada polo Concello de Verín e Asociación de sendeirismo Ruta das Augas, coa colaboración de Protección Civil Verín, Multisport, Cabreiroá e Sendeiristas de Monterrei.

A andaina, cunha distancia de 11 quilómetros e dificultade baixa, percorrerá a ‘Ruta dos Carros’, unha antiga vía que comunicaba o núcleo de Cabreiroá (Verín) co de A Veiga das Meás (Vilardevós), así coma o ‘Camiño do Malpaso’, dúas vías que foron rehabilitadas polos alumnos/as dos módulos de xardinería e carpintería dos obradoiros de emprego ‘Pozo do Demo’.

A saída será ás 21.30 horas desde o Pavillón Municipal de Deportes (R/Irmáns Moreno s/n), e para participar nesta andaina é necesario inscribirse antes do venres en Multisport Verín (R/Irmáns Moreno 19 ou nos teléfonos 988-414423 e 600-410018). O custe da inscrición serán 5 euros, que serán doados integramente para o tratamento de rehabilitación neurolóxica de Valeria De Dios, unha pequena verinense de catro anos que padece unha ataxia cerebelosa non filiada. Para participar nesta andaina será imprescindible levar lanterna.

16 de xullo de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.