Alberto Conde e Shakir Khan visitan Gondomar co disco HE- Human Evolution Music Project

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioGondomar
A-
A+

Alberto Conde e Shakir Khan visitarán mañá Gondomar co seu traballo HE- Human Evolution Music Project, un proxecto que constrúe unha narrativa dos sons da evolución humana.

O concerto, enmarcado dentro da programación cultural do Concello para este verán, achegaranos aos sons jazz fusionados, de xeito innovador, coa música hindú. “Human Evolution Music Project é un disco pioneiro na fusión do jazz europeo coa música tradicional hindú”, apunta Alberto Conde e engade “este é o primeiro disco na historia do jazz no que o piano interactuar co sitar de xeito claro, evidente e obxectivo”.

Alberto Conde e Shakir Khan encabezan o concerto ao piano e sitar respectivamente. Acompáñanos Vikas Tripathi ás táboas; Xosé Miguélez, saxo tenor, gaita e frauta e B.O.U.L.E Dj como produtor musical. Ademais, neste concerto, contarán coa presenza como artista invitada da cantante cubana de jazz, Diana Tarín.

A cita será mañá na Alameda do municipio, a partir das 22.30 horas.

16 de xullo de 2014 | 11:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.