Agustín Hernández reúnese co xefe superior de Policía de Galicia

Hernández na reunión co Xefe Superior de Policía de Galicia
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi o xefe superior de Policía de Galicia, Eusebio Fraguas. No encontro, celebrado na Alcaldía, o xefe superior de Policía presentouse ao novo rexedor municipal. Agustín Hernández ofreceulle a máxima colaboración para seguir facendo de Santiago unha cidade segura.











