Agustín Hernández fai balance positivo da primeira semana á fronte do goberno compostelán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O novo alcalde de Santiago, Agustín Hernández, realizou este venres un “balance positivo” da súa primeira semana como rexedor compostelano, aínda que admitiu que existen “disfuncións”.

De tódolos xeitos, Hernández restou importancia a estas “disfuncións” ao cualificalas como “problemas de orde cotiá”. “Vexo que o concello funciona con normalidade a nivel administrativo, vexo que os funcionarios están comprometidos coa institución”, destacou o novo alcalde de Santiago xusto antes de agradecer “moi sinceramente” este feito.

E é que Hernández sostén que o “único punto negativo é que as xornadas teñen os días que teñen”. “Comezamos o día 8 case finalizada a xornada laboral”, recordou en relación ao pasado martes, cando se erixiu como rexedor de Santiago.

“Polo tanto, aínda temos cuestións que atender”, indicou Hernández xusto antes de recoñecer o “esforzo especial” dos funcionarios da Casa do concello e dos propios concelleiros. De feito, fixo fincapé en que estes últimos “están a aterrar” nas súas respectivas competencias. “Igual que eu”, apostilou.

En concreto, o seu predecesor na Casa do concello e actual edil de Relacións Institucionais, Ángel Currás, aterrou no Teatro Principal, onde Hernández declarou que ten o seu despacho.

EQUIPO “COHESIONADO”

Sobre o seu equipo, ao que Hernández describiu como “cohesionado”, valora que estea “ilusionado” e “comprometido” co proxecto. Aínda así, admitiu que aínda teñen que facer “a engrenaxe lóxica de calquera estrutura”. “Imos concentrar os nosos esforzos de aquí a principios de agosto”, sinalou o alcalde santiagués ao respecto.

Nesta mesma liña, espera manter, antes de que finalice o mes de xullo e tras as festas do Apóstolo, unha “xornada de traballo concreta e intensa” con todos os edís para “valorar o inicio” deste novo goberno e realizar unha “formulación” para o que resta de ano.

VOCEIRO

Preguntado pola decisión de reservarse a portavocía do Goberno municipal, Hernández declarou que é “importante trasladar con claridade as mensaxes e os acordos”.

“O mellor para conseguir este obxectivo é que sexa o propio alcalde quen traslade os acordos da Xunta de Gobierno, sentenciou o novo rexedor compostelano, xusto antes de matizar que, cando se trate de “cuestións sectoriais”, comparecerán os concelleiros correspondentes.

Con respecto aos cidadáns de Santiago, o novo rexedor subliñou que desexan “orde”, o que, na súa opinión, é “gratificante”.

11 de xullo de 2014 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.