Adrián Rosales será o primeiro galego que participará nun mundial de balonmán praia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Adrián Rosales, do Balonmán Cangas, foi convocado para disputar con España o Campionato do Mundo de Balonmán Praia, que se disputará entre os días 20 e 29 de xullo en Recife (Brasil). Desta forma, Rosales será o primeiro galego que forme parte da selección absoluta española de balonmán praia e que dispute un Mundial.

O seleccionador Francisco Aguilera deu a coñecer a lista definitiva de dez xogadores para Recife, na que aparece o galego no posto de “especialista”. O equipo nacional quedará concentrado o día 16 de xullo en Mazagón (Huelva) ata o día 20 de xullo, no que viaxará en dirección a Brasil para a disputa do Mundial. España forma parte do grupo B, no que se enfrontará a Croacia, Rusia, Exipto, Qatar e Arxentina.

2 de xullo de 2014 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.