Actividades na praza de Lugo para espertar o gusto pola ciencia entre o público novo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que os Museos Científicos Coruñeses, en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña, levará mañá, martes 29 de xullo, entre as 11.00 e as 14.00 horas, á praza de Lugo, Ciencia Urbana, unha serie de actividades rueiras que se enmarcan dentro da campaña Vive a ciencia. O obxectivo é espertar o gusto pola ciencia entre o público novo e conseguir que visiten máis a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae.

O público que se achegue a esta iniciativa atopará diferentes xogos e curiosidades científicas relacionadas cos contidos do tres Museos Científicos Coruñeses, como as disecciones de órganos ou a análise do abalo dun péndulo.

Vive a ciencia

Esta actividade forma parte da campaña publicitaria Vive a Ciencia, desenvolvida por tres alumnas de Comunicación Audiovisual, María José Lamela, Loreto Rodríguez e Aldara Varela, como Proxecto de Fin de Grao.

28 de xullo de 2014 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.