‘Actividades de Verán’ na Biblioteca de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Durante os días 02, 09 e 15 de agosto, a Biblioteca Pública Municipal de Verín e a Xunta de Galicia, dentro do programa ‘Ler conta moito’, promoven a realización de tres actividades lúdico-culturais para menores a cargo de Raquel Galavís, Xanela Ocio e Raquel Queizás.

A primeira delas terá lugar este sábado 02 de agosto, ás 18 horas, nas instalacións da Biblioteca de Verín. Estará realizada por Raquel Galavís cos seus ‘Cantacontos’, un contos con música que atraparán a todos/as nenos/as participantes e lograrán que se levanten do chan para cantar e bailar animadamente.

A segunda está prevista para a xornada do 09 de agosto, tamén ás 18 horas, nas piscinas descubertas de Verín (no caso de condición climáticas desfavorables trasladarase á Biblioteca de Verín). Neste caso serán os ‘Contos ao revés’ de Xanela Ocio, que a través das bruxas boas e os príncipes feos fomentarán a igualdade e o respecto.

Mentres que a terceira será o sábado 15 de agosto, ás 18 horas, tamén nas piscinas descubertas de Verín (no caso de condición climáticas desfavorables trasladarase á Biblioteca de Verín). No espectáculo de contacontos ‘A Orixe’ (El Origen), de Raquel Queizás, unha exploradora compartirá as historias que escoitou nas súas expedicións polo mundo a través da manipulación de obxectos e monicreques.

31 de xullo de 2014 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.