publicidade hoxe

Acebe dá a coñecer os premiados na campaña da extra de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+
Sorteo nas instalacións de Acebe

Sorteo nas instalacións de Acebe

ACEBE.CCA celebrou a primeira hora desta mañá o sorteo ante notario no que se deron a coñecer os números premiados da campaña A EXTRA DE VERÁN que nesta ocasión premiou a fidelidade dos clientes dos comercios e empresas de Betanzos repartindo 1.500 € divididos en oito premios. O notario Óscar López Doval foi o encargado de realizar o sorteo no que resultaron gañadores os seguintes números:

PRIMEIRO PREMIO (500 €) 080674 – EUROCONFORT REGALO – DON DINO

SEGUNDOS PREMIOS (250 €) 031127 – ASCOYFI 165905 – GADIS

TERCEIROS PREMIOS (100 €) 072194 – ISI 139994 – MERCERÍA MARY 147824 – JAVIER MODA HOMBRE 094298 – FROIZ 098815 – ADMIN. LOTERÍAS Nº1

Prazo para reclamar o premio

Os premios adxudicáronse mediante sorteo ante notario de entre os 200.000 boletos repartidos entre o 12 e o 28 de xuño nos comercios e empresas asociados a ACEBE.CCA. De entre o total de boletos entregados extraéronse os oito números premiados. Entregarase un primeiro premio de 500 €, dous segundos premios de 250 € e cinco terceiros premios de 100 €. O resultado do sorteo ante notario publícase ademais na páxina web da asociación, www.comerciodebetanzos.com e no número de xullo de “Betanzos e a súa comarca”, a publicación mensual de ACEBE CCA. Os posuidores dos boletos gañadores deberán poñerse en contacto con ACEBE.CCA para poder reclamar o premio tendo como data límite o 28 de xullo de 2014.

Nese periodo de tempo deberán acreditar a posesión do boleto ademais de presentar o boleto en perfectas condicións e lexibles e contactar con ACEBE CCA a través do número de teléfono 981774574 ou presencialmente nas oficinas da asociación (Praza Mestre Xosé Dapena, 1 15300 Betanzos) de luns a venres en horario de 10.00 h a 14.00 h. Os premiados poderán canxear o premio nos establecementos asociados a ACEBE CCA a través de tarxetas regalo que poderán ser utilizadas para a realización de compras a través de calquera TPV adherido ó sistema VISA

A campaña de verán da ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE BETANZOS – ACEBE CCA conta coa colaboración da XUNTA DE GALICIA, DEPUTACIÓN DA CORUÑA, CONCELLO DE BETANZOS e GADISA.

8 de xullo de 2014 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.