publicidade hoxe

Acebe CCA celebrará o 8 de xullo o sorteo da campaña de verán do comercio de Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

ACEBE.CCA celebrará mañá martes, 8 de xullo, o sorteo ante notario no que se darán a coñecer os números gañadores da campaña A EXTRA DE VERÁN que premiará a fidelidade dos clientes das empresas e dos comercios de Betanzos co sorteo de 1.500 € en premios.

O sorteo celebrarase ás 09.30 h nas oficinas da asociación situadas na Praza Mestre Xosé Dapena nº 1 e o notario encargado da realización do sorteo será Óscar López Doval.

O premio adxudicarase de entre os 200.000 boletos repartidos entre o 12 e o 28 de xuño nas empresas e comercios asociados a ACEBE.CCA. De entre o total de boletos entregados extraeranse oito números gañadores que se repartirán 1.500 €. O primeiro premio será de 500 €. Haberá dous segundos premios de 250 € e cinco terceiros premios de 100 € cada un.

O resultado do sorteo ante notario publicarase na páxina web da asociación, www.comerciodebetanzos.com e no número de xullo de “Betanzos e a súa comarca”, a publicación mensual de ACEBE CCA. A partir dese momento, os posuidores dos boletos premiados deberán poñerse en contacto con ACEBE.CCA a través do número de teléfono 981774574 ou presencialmente nas oficinas da asociación (Praza Mestre Xosé Dapena, 1 de Betanzos) de luns a venres en horario de 10.00 h a 14.00 h. Para poder reclamar os premios deberán acreditar a posesión do boleto ademais de presentalo en perfectas condicións e lexibles tendo como data límite o 28 de xullo de 2014.

A campaña de verán 2014 da ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE BETANZOS – ACEBE CCA conta coa colaboración da XUNTA DE GALICIA, DEPUTACIÓN DA CORUÑA, CONCELLO DE BETANZOS e GADIS.

7 de xullo de 2014 | 11:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.