Ábrese o prazo de inscrición das Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol 8 de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro luns 21 de xullo ábrese o prazo de inscrición para formar parte das Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol-8 do Concello de Verín, para a tempada 2014-2015, organizadas pola área de Mocidade e Deportes do Concello de Verín.

Esta iniciativa, creada para impulsar escolas de fútbol de calidade entre os/as nenos/as do municipio, está destinada as seguintes categorías: prebenxamíns (nados/as 2007), benxamíns (2006-2005), alevíns (2004-2003), infantís (2002-2001), cadetes (2000-1999) e xuvenís (1998-1997-1996).

A inscrición para formar parte das Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol-8 debe realizarse, de 10 a 13 horas, nas instalacións do Complexo Deportivo de A Granxa. A documentación a achegar é a seguinte: xustificante de pago do ingreso da cota na Caixa Rural de Verín -120 euros para os/as eurocidadáns/nas ou empadroados/as no Concello de Verín e 150 para os non eurocidadáns/as ou non empadroados/as neste municipio-, fotocopia do DNI, dúas fotografías tamaño carné, xustificante de protección de datos-fotografías e xustificante da autorización paterna-materna para participar en competicións deportivas e autorización das normas das Escolas Deportivas do Concello de Verín. Os documentos para realizar a inscrición, para que existe límite de prazas, poden obterse no Complexo Deportivo de A Granxa e na web municipal (www.verin.es).

Para obter os descontos de eurocidadán/a ou empadroado/a é necesario presentar a Tarxeta do Eurocidadán ou un certificado de empadroamento. Mentres o certificado de empadroamento debe solicitarse no Rexistro do Concello de Verín, a Tarxeta do Eurocidadán, destinada a residentes nos municipios de Chaves e de Verín de forma gratuíta, pode ser requirida nas dependencias do Municipio de Chaves ou no Concello de Verín. Para a emisión da mesma os residentes do municipio de Verín a documentación necesaria para a súa solicitude é: DNI -no caso de cidadán nacional-, certificado de residencia -no caso de cidadán estranxeiro- e cubrir a ficha de inscrición (a entregar polo GAT ou a descargar na páxina web).

18 de xullo de 2014 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.