Abre ao público a oficina de turismo do Carballiño
Este martes abrirá a tempada estival da oficina municipal de turismo, situada na praza da Alameda, que contará con dousempregados, contratados polo concello grazas a unha subvención da Axencia para o Turismo de Galicia, e que vai permitir manter o servizo público desta oficina.
O horario de atención ao público será de luns a venres, dende as 11:00 ás 13:30 e de 17:00 a 20:00. Os sábados e domingos auméntase algo o horario, ao ser días nos que as visitas ao Carballiño adoitan subir, quedando este horario de fin de semana dende as 10:30 ás 14:00 e dende as 17:00 ás 20:00 horas. Ademaisofrecerase a habitual información turística tanto no propio concello coma na zona de cámping.
Estesdousnovostraballadores de turismo súmanse aos que xa ten esta concellaría durante todo o ano, e que se encargan tanto da información e promoción, coma da zona do cámping municipal.
Aosdousnovos contratos de turismo débense unir os 8 voluntarios que, tamén nos próximos días, comezarán a traballar no Carballiño, a través da acción promovida dende a concellaría de turismo para ofrecer o mellorservizoaos visitantes que acudan durante o verán.











