Abel Caballero reúnese coa Confraría do Cristo da Victoria para preparar a procesión

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

Abel Caballero reuniuse na tarde de onte con representantes da Confraría do Cristo da Victoria para preparar a procesión na que miles de vigueses sairán á rúa. A cita, prevista para o vindeiro domingo 3 de agosto, contará coa “cooperación, coma sempre” do Concello de Vigo, segundo explicou o rexedor.

O Cristo da Vitoria de Vigo converteuse nun dos emblemas da cidade. Entre outras cosas, atribúeselle a vitoria sobre as tropas napoleónicas que invadiron Vigo en 1809. Desde ese ano o Cristo sae en procesión cada primeiro domingo de agosto.

15 de xullo de 2014 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.