Abel Caballero evita pronunciarse sobre se debe gobernar a lista máis votada
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, rexeitou este venres pronunciarse sobre a formulación de Mariano Rajoy, de que gobernen as listas máis votadas, aínda que se mostrou seguro de que será apoiado “masivamente” nas próximas eleccións municipais de 2015.
A preguntas dos medios sobre esa cuestión, o rexedor olívico limitouse a indicar que está “dedicado ao Concello e a traballar para a xente”. “Estou dedicado aos cidadáns, non estou dedicado a outras cousas”, sinalou entre risas.
En calquera caso, ante a insistencia dos xornalistas, Caballero sinalou o seu convencemento de que, nas próximas eleccións municipais os cidadáns vaille apoiar masivamente”.











